Queridas familias,
Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2026/2027. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 16 de xullo e remata o 20 de setembro de 2026. As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Prégase que se faga unha única inscrición e non se dupliquen as peticións. De haber inscricións duplicadas, só se terá en conta a máis actualizada.
A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares para o vindeiro curso:

As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periodo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp específico para cada unha, onde se facilitarán as instrucións pertinentes.
As actividades darán comezo o xoves 1 de outubro de 2026.