Para aquelas familias novas na escola, así como para calquera outra para a que poida ser de interese, recordamos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:
- Xestionar a compra conxunta do material escolar para os rapaces de infantil.
- Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.
- Xestionar as actividades extraescolares.
- Subvencionar as excursións realizadas pola escola.
- Colaborar coa organización das festas máis importantes da escola (Magosto, Samaín, Nadal, Entroido, Fin de Curso, entre outras), financiando actividades lúdicas ou a merenda nalgún casos.
- Colaborar con distintos establecementos comerciais de Mos e O Porriño para que ós nosos socios se beneficien de descontos especiais grazas ao carné do ANPA.
- Colaborar, cando sexa preciso, na adquisición de materiais para a escola (por ex. mobiliario para o comedor, xoguetes, adornos para as festas, etc.).
- Preparación e xestión de subvencións que axudan a cofinanciar algúns servizos, como é o caso do comedor.
- A ANPA realiza tamén unha labor de contacto e colaboración tanto coa dirección do centro como con distintas entidades educativas e gobernamentais (co concello, con asociacións, con outras ANPAS, etc.) co fin de conseguir melloras nas infraestruturas, maiores dotacións económicas e melloras no funcionamento da nosa escola.
- Administración e xestión das contas e obrigas financeiras da ANPA, constituída como asociación. Xestión do blog da ANPA e dos protocolos que afectan ao funcionamento da mesma. Organización de asembleas e reunións informativas, redacción de comunicados e noticias. Representación no Consello Escolar.