PLAN MADRUGA CURSO 2026/27

Queridas familias,

Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Plan Madruga do vindeiro curso 2026/2027. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 16 de xullo de e remata o 15 de agosto de 2026. As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas.

No caso de alumnos que precisen facer uso do Plan Madruga de forma esporádica en días soltos ou ben precisen incorporarse ao servizo unha vez comezado o curso, sexan alumnos novos ou non, deberán poñerse en contacto coa ANPA cando necesiten o servizo para tramitar a inscrición á primeira vez. Recomendamos facelo a través do WhatsApp da ANPA e con tempo de abondo, a lo menos dous días de antelación. Se non, non podemos asegurar dar resposta á tempo.

HORARIOS

O servizo de madrugadores se inicia ás 07:30 e remata ás 09:15h. A monitora  do madruga encargase de levar aos nenos á súa aula unha vez comezadas as clases ás 09:15h. Non se poden levar nenos/as entre as 09:00 e as 09:15h xa que é o momento de chegada das familias e alumnos que entran na escola.

O servizo de Aula Madruga non inclúe o almorzo. Non se servirá ningún tipo de comida aos rapaces.

INFORMACIÓN IMPORTANTE: CAMBIOS NO SERVIZO PARA O CURSO 2026-27

A empresa proveedora do servizo do plan madruga para este curso 2026-27 será EnPé (http://www.enpevigo.es/). Este cambio de provedor implicará tamén unha reorganización do propio funcionamento e das condicións de facturación. Deixará de calcularse por uso para establecerse unha cota fixa:

As tarifas aplicables serán as seguintes:

  • Mes completo: 35 € por alumno/a asistente.
  • Semanas alternas / medio mes: 25 € por alumno/a asistente.
  • Días soltos: 5 € por alumno/a e día de asistencia.

En caso de facer uso do servizo máis de 6 días ao mes (e non sexa mes completo), recoméndase seleccionar medio mes. 

Inscrición Plan Madruga

É preciso cubrir un formulario por cada neno. O formulario pecharase o 15 de agosto.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a túa experiencia. Consulta a nosa Política de Privacidade para máis información.