Queridas familias,
Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis. O prazo iniciarase o 16 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2026. Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo.
Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes.
COTA DA ANPA
O prezo da cota da ANPA será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir:
- 20 euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso.
- 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizados nesta escola no vindeiro curso.
- 30 euros anuais para unha familia con 3 fillos/as escolarizados nesta escola no vindeiro curso.
- etc.
COTA DE MATERIAL PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Aproveitamos para recordar, como todos os anos, que existe a posibilidade de que a adquisición do material escolar esixido para os alumnos de Educación Infantil (4 EI, 5 EI e 6 EI, É dicir, nenos/as de 3, 4 e 5 anos) sexa xestionado pola ANPA. Desta forma, o persoal docente será o encargado de entregarlle a cada alumno/a o material necesario ao longo de todo o curso escolar.
Para iso, cada familia deberá ingresar na conta da ANPA a cota de material correspondente. Para o curso 2025/26, como novidade, a cota de material veuse incrementada debido á suba de prezos dos materiais. Polo tanto, este ano será a seguinte:
- Socios da ANPA: 60 euros/alumno
- Non asociados ANPA: 65 euros/alumno
Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material e non facelo a través da ANPA, debe poñerse en contacto coa escola e coa ANPA antes do inicio do curso. Lembramos que, de facelo así, será responsabilidade da propia familia ir mercando o material necesario durante o curso segundo as indicacións da titora en cada momento. De optar por esta vía, debe comunicarse o antes posible, xa que dende o primeiro día, os rapaces xa estarán utilizando o material mercado de forma global con estas cotas.
FORMA DE PAGO
Os pagos da cota da ANPA ou do material unicamente se poden facer a través dunha transferencia bancaria.
É imprescindible pór no concepto ou observacións da transferencia o nome e apelidos do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (p.ex.: María Pérez 4EP Cota ANPA, Xan López 6EI Cota Material).
A conta para realizar a transferencia é a seguinte:
ES59 2080 5452 6430 4012 0761
TANTO NOVOS SOCIOS COMO RENOVACIÓNS
Tanto os socios novos, que se asocien por primeira vez, como os socios que renoven, terán que cubrir o seguinte FORMULARIO. Só se considerará como socio en canto se corfime a recepción da cota correspondente.