3 de setembro de 2025 · Administrador

Que as nosas ideas, como pinceis, e o noso esforzo, como pintura, se unan para dar vida a un curso escolar memorable

Máis aló das actas e das reunións, existe un motor de cambio silencioso pero imparable no noso centro educativo: o traballo da ANPA. Co noso compromiso e esforzo voluntario, intentamos transformar os espazos que acollen os nosos fillos e fillas cada día.

Esta semana previa ao comezo do curso, tocou remodelar o comedor escolar e comezar a pintar os patios e darlle cor, pois a partir do día 8 serán os nosos fillos e fillas aos que dotarán de VIDA o centro.

Aquí temos unha pequena mostra, e animámosvos a que neste curso cada un de nós aporte o seu trazo para crear unha obra mestra colectiva. 







Este sitio utiliza cookies para mellorar a túa experiencia. Consulta a nosa Política de Privacidade para máis información.